xoves, 30 de abril de 2026

O BOSQUE CATRO ANOS

 

Esta semana traballamos cos animais que viven baixo da terra 

Debaixo dos nosos pés hai un mundo agochado e moi especial. Na terra viven moitos animaliños que fan as súas casiñas en túneles e galerías para protexerse do frío, da calor e doutros animais.

Algúns destes animais son:

  • O topo, que escava longos túneles coas súas patas fortes.
  • A miñoca, que é alongada e axuda a que a terra estea san.
  • A formiga, que vive en grupo formando formigueiros.
  • O coello, que fai tobos onde dorme e coida as súas crías.
  • O teixugo, que tamén vive en galerías baixo o chan.

Estes animais traballan moito e son moi importantes para a natureza, porque axudan a mover a terra e a mantela viva.

Aínda que non os vexamos, están aí, traballando sen parar baixo dos nosos pés.

Comezamos a semana falando dos animais que, durante o inverno, buscan refuxio para protexerse do frío. Cando chega esta estación, fai moito frío e hai menos comida, por iso algúns animais escóndense en covas, tobos ou galerías baixo a terra.

Neses lugares están quentiños e seguros. Algúns mesmo dormen durante moito tempo, como se estivesen nun sono moi longo, para gardar enerxía ata que chegue a primavera.

Outros animais, como os coellos, os teixugos ou os topos, non dormen todo o inverno, pero si permanecen nas súas casiñas, saíndo só cando o necesitan.

Fixemos as pegadas dos animais ata chegar a súa casa.


Falamos das cousas que temos na nosa Lagoa, marcamos e debuxamos

Buscamos as diferenzas deste dous bosques
Unimos o coello coa súa familia

Despois de falar dos animais que viven agochados, decidimos coñecer mellor a vida das formigas, uns animaliños moi pequenos pero moi traballadores.

As formigas viven en grupo nos formigueiros, que son as súas casas baixo a terra. Alí fan moitos túneles e galerías onde cada formiga ten o seu traballo.

Aprendemos tamén que as formigas nacen de ovos. Primeiro son moi pequeniñas e pouco a pouco van medrando ata converterse en formigas adultas.

Hai formigas que buscan comida, outras que coidan das crías e outras que protexen o formigueiro. Todas colaboran e axúdanse unhas ás outras.

Descubrimos que, aínda que son moi pequenas, as formigas son moi fortes, xa que poden levar anacos de comida moito máis grandes ca elas mesmas.

Tamén vimos que son moi organizadas e que camiñan en fila, seguindo camiños que elas mesmas marcan.

Recordamos tamén ao oso formigueiro, un animal moi especial que se alimenta de formigas. Ten un fociño longo e unha lingua moi pegaxosa que lle serve para collelas dentro dos formigueiros.

Fixemos os camiños das formigas
Tamén falamos do ciclo da vida
Contamos as que están dentro e fora do formigueiro

e para rematar visitamos un formigueiro que teñen no laboratorio o alumnado da ESO, ainda que tiña poucas formigas, nuns días volveremos a investigar a ver como están.
Bo finde largo....


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!