No mes de ABRIL cumple anos XIANA
A cumpleañera trae cousiñas importantes para ela, cóntannos porque o son e fan un debuxiño de recordo.
Despois celebramos o aniversario Montessori, é unha maneira simbólica e educativa de celebrar o aniversario. Non é so unha festa, senon unha lección de vida e tempo que axuda ao alumnado a comprender o paso dos anos e o movemento da Terra arredor do Sol.
Como o facemos?
Preparamos o espazo. No chan colócase unha vela que represetna o Sol. Ao redor del , trázase un círculo que simboliza a órbita da Terra. Tamén se colocan tarxetas cos nomes dos meses. O neno ou nena que cumple sostén un globo terráqueo. Comeza de pé xunto ao mes no que naceu. Cada vez que o neno dá unha volta arredor do Sol, representa un ano da súa vida. Mentres camiña, pode contar acontecementos importantes dese ano. Ao rematar cada volta, todos din Feliz aniversario!
Despois BAILAMOS!!!!!!
Facendo o debuxiño das cousase chegou o día de celebrar o cumple, dixemoslle cousas bonitas a Xiana, deu as súas voltas ao sol...







Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!