Este ano concedéronos o programa "RADIO NA BIBLIO" polo que estamos moi motivados en elaborar programas radiofónicos. Por este motivo, cando vimos o concurso de podcast escolares, decidimos poñer en práctica o aprendido durante estes meses e así conmemorar o Día das Letras Galegas dun xeito diferente.
- En Infantil aproveitando que unha maioría recibe clases de pandeireta, decidimos inventar uns versos, darlles ritmo e despois cantalos na radio. Agradecer a Andrea de Asubíos da Chaira, que nos pasou a música instrumental onde nós montamos os nosos versos.
Os maiores dos nosos compis exerceron de presentadores. A elección foi feito a modo voluntario. Cos que quixeron participar dividiuse o guión.
Agardamos que o desfrutedes como o fixemos nós.
Felicidades! Que ben o fixestes
ResponderEliminar