sábado, 17 de maio de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio conmemórase o Día das Letras Galegas. E a nosa escola preparouse para un día especial na súa víspera!
En infantil preparamos un mural especial adicado ás cantareiras por ser as homenaxeadas este ano 2025.
En cada clase adicámonos con moito agarimo a cada un dos debuxos do ilustrador Luis Davila, “O Bichero” cos que fixemos un mural especial.

Cada clase traballou moi duro!


 
Rematado e expectacular no medio dos versos das cantareiras!

E por fin chegou o día de celebración no cole!
Sacamos moitas fotos antes dos festexos!

CLASE VERDE
Vimos os traballiños de MARTIÑO que coa súa mamá buscaron e escribiron palabras en galego coas iniciais dos nomes dos compañeiros/as

e ICÍA trouxo instrumentos musicais de Galicia

Despois colocamos as flores no maio co axuda dos alumnos maiores




Coa panderetiña feita coa cortadora laser
e bailando cos compañeiros/as
Pasámolo xenial!!!!
CLASE AZUL
Co mural e as cousiñas que trouxemos en honor das cantareiras e as flores para os maios.

Coas pandeiretas que fixemos na láser.
Poñendo as flores coa axuda dos maiores do cole!
Cos compis moi guapetes!



CLASE VERMELLA
Chegamos o cole cargadiños de flores para o maio.
Coa axuda dos maiores de 2º da ESO, colocámolas.
"Total" os looks de cantareiras.
Todos estamos feitos uns cantareiros.

Logo de tanta preparación por fin chegou o día!
Os nenos e nenas da escola de educación infantil de Cospeito e os señores e señoras do Centro de Día de Cospeito sacaron fotos no noso mural, puxeron as súas flores no maio e posaron moi guapos!

Puxeron as flores por cursos e quedou xenial!




Primeiro tivemos a entrega de diplomas dos participantes dos escaparates literarios.

Logo anunciaron os gañadores do concurso dos escaparates literarios que levaron unha chocolatina e o libro de agasallo para a clase.

Tivemos varias actuacións musicais a cargo dos Asubíos, acompañados polos nenos e nenas que trouxeron instrumento e quixeron participar, os nenos e nenas de infantil cantaron a canción que grabaron para o  concurso de podcast e a dos gañadores do concurso de podcast de 2º da ESO e que foi impresionante!
Por último sacamos unhas fotos de grupo!

Moitísimas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!