
Para o Día da Familia que conmemoramos este 15 de maio, fixemos unha sesión de contacontos moi especial co conto "Un puñado de botones".
Este curso empregamos a nova máquina láser do cole. Foi moi curioso vela traballar parecido a cando empregamos a máquina de impresión 3D.
Nesta ocasión fixéronse para todo infantil uns corazóns en madeira prensada gravada. Logo nas aulas decoráronse e quedaron uns regaliños moi chulis!
Estes agasallos pódense empregar de marcapáxinas, de chaveiros, pódense pendurar para decorar... Agardamos que vos gusten!!!!
CLASE DE VERDE
Primeiro puxeron o nome no corazón
Despois puntiños como os de Yayoi pintora que estamos a traballar
Se debuxaron

puseron un abalorio e un axóuxere
e así de chulis quedaron!
CLASE DE AZUL
Visitado a máquina láser e observando o resultado!
Xa na clase decoramos un dos lados facendo algo similar ós planetas de KANDINSKY.
Unha vez seco plasmaron as súas pegadas con témpera elixindo unha cor para cada membro da familia máis próxima e ó secar decoraron cos detalles de cada persoa con rotus finos de cores.
Feita a decoración da madeira e dada unha capa fina de verniz, pasaron a corda de cores e a engadiron un abalorio que elixiron e un axóuxere!
Quedaron moi chulos!

Orgullosos do seu traballo!

Moi fermosos! Agardamos que vos gusten!
CLASE DE VERMELLO
Por un lado puxemos o noso nome e debuxámonos a nós.
Polo outro lado, estampamos tantas pegadas como era a nosa familia máis cercana.

Unha vez que secou, debuxamolos.
Despois de contar o conto debuxamos a nosa familia.
BO DÍA DA FAMILIA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!