martes, 6 de maio de 2025

Día do libro 2025: Exposición de escaparades de libros!


Este curso conmemoramos o Día do Libro de forma que cada clase confeccionou un pequeno escaparate para reflectir un conto / libro e cos que se fixo unha exposición nos corredores da escola.

O día do libro os usuarios do centro de día subiron contarnos dous contos. Caracol e Caracola e Que susto!
Agasalláronos con un xogo feito por eles para cada clase.






Elaboración dos escaparates literarios nas aulas de infantil.

CLASE DE VERDE

Na clase de tres anos traballamos o conto EL LADRÓN DE FLORES: Ardilla acaba de ver frente a súa casa a flor máis fermosa do lugar, intentará protexela coa axuda de páxaro. CONSEGUIRANO?

coas nosas mana e con pincel fixemos a ARDILLA

PÁXARO xa foi máis difícil porque reciclamos diferentes materiais, foi moi traballoso pero quedou estupendo!
as flores as fixemolas co conto de HERVET TULET "FLORES"
e así de coloridas quedaron

O noso escaparate literario:




CLASE DE AZUL

Na clase de 4 anos eliximos o conto "HIMBU, EL PEQUEÑO PINTOR" de Raquel Lanseros Sánchez (autora) e Christian Inaraja Genís (ilustrador).
Este conto relata a aventura na que o elefante Himbu rematou tras entrar no taller de pintura da súa nai.

Para o escaparate da clase de azul os nenos e nenas decoraron entre todos un HIMBU xigante.

Logo, cada un emprendeu un miniproxecto no que tiveron que ilustrar unha parte do conto. Foi unha árdua tarefa que lles levou moitos días e  supuxo un gran esforzo!

Quedoulles xenial!



Páxina da cor NEGRA feita por ROMEO.



Páxina da cor BRANCA feita por MARTINA.

Páxina da cor MARRÓN feita por ALEN RÁBADE.


Páxina da cor VIOLETA feita por EREA.


Páxina da cor ROSA feita por ALEN AMADO.


 Páxina da cor LARANXA feita por DAVID.


Páxina da cor AZUL feita por RAYAN.


Páxina da cor VERDE feita por DANA.

Páxina da cor AMARELA feita por HUGO.

Páxina da cor VERMELLA feita por TODA A CLASE.





CLASE DE VERMELLO


Na clase de vermello imos traballar o conto de SALVAXE. A protagonista desta historia chámase Flora, chegou o bosque e alí aprendeu  a cantar, a comer, a xogar e era feliz. Todos os animais preocupábanse por ela ata que un día chegaron uns extraños, chamados humanos, que pretendían ensinarlle a facer as cousas á maneira humana porque supoñíase que así era mellor pero ela non se deixaba. Flora quería volver o seu fogar, onde era feliz. 

Comezamos pintando a protagonista con témpera.

Poñendo lá para simular o pelo de Flora.


Fixemos dous escenarios. O primeiro o da selva. Coa esponxa pintamos e deixamos sen pintar a huella do raposo, o oso e o páxaro.
Cando levantamos quedou así de bonito.
En cada pegada escribimos o que Flora aprendeu de cada un, do oso a comer, do raposo a xogar e do páxaro a falar. Tamén pintamos con témpera unhas árbores.

No segundo escenario imos facer a casa, e pintamos un salón.
Os nenos en valores coa plasti fixeron a familia.
Decoramos con verde e brilli brilli.

Montámolo


O libro remata: "Porque no se puede domar algo tan felizmente salvaje". Cada un de nós debe ser feliz onde esteña a gusto.
Escaparateando na entrada...



Exposición de escaparates literarios! Todos xuntos na exposición!


Recopilamos a exposición de todos os participantes, incluíndo a escola de infantil e o centro de día de Cospeito!

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE COSPEITO

C.P.I. PLURILINGÜE VIRXE DO MONTE

4º de E.I.

5º de E.I.

6º de E.I.

1º de E.P.

2º de E.P.

3º de E.P.

4º de E.P.

5º de E.P.

6º de E.P.

1º de E.S.O.

2º de E.S.O.



3º de E.S.O.

4º de E.S.O.

CENTRO DE DÍA VILA DE VALVERDE




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!