xoves, 29 de maio de 2025

GRAZAS mamás de NOA e MARTINA!

  Hoxe volvemos a ter visita en familia, nesta ocasión as mamás de Noa e Martina viñeron a nosa clase para ensinarnos a Panchita e colorear animais en madeira. 

Estas mamás chegaron cargadiñas a nosa aula.
Coñecemos a Panchita, a tartaruga, hai outra aínda moito máis grande.

Puidemos tocala, algún tiñanlle algo de medo pero démonos conta que é inofensiva.
Repartiron uns animais en madeira para colorear: unha tartaruga como Panchita, un peixe e un caracol de chaveiro. 

A pintar.
As mamás puideron comprobar o artistas que somos.

Tamén coloreamos un estoxo e agasalláronnos cun sello e un kit para poder debuxar e escribir. Moitas grazas!
Pasámolo moi ben, moitas grazas por virnos ver e pasar un ratiño con nós. 
Un recordo do paso de Noa e Martina no último curso de infantil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!