sábado, 24 de maio de 2025

KAME

  Estos días vimos a artista Emily Kame Kngwarreye; para nós Kame. 

Chamounos a atención que empezou a pintar aos 80 anos e moitas das súas pintura eran sobre tea.

Momentos da asamblea desta semana:





Como podedes ver estamos intentando escribir sos, e estamolo facendo estupendamente.
Profundizando sobre esta artista:
Nas súas pinturas empregaba líneas e puntos. Fixemos algunha obra de arte pero mostraremola no noso museo a finais de curso.
Todo pintor deixa a súa firma nos cadros e nós tamén.
Practicando a resta, que nos costa un poquiño:
Xogando cos xogos da biblio, o día que viñemos facer o préstamo do libro.
Debuxos do conto, desta vez debuxamos a Ahmed e a Iria. Empregamos a técnica de Kame, facer líneas.
Grazas FAMILIAS por colaborar
Uxía trouxo un cadro en forma de corazón e nel estaban debuxados os xirasois de Van Gogh, axudoulle a súa irmá Leti a pintalo. Que artistas!
Alma o fin de semana foi a praia e recolleu cunchas e coa axuda da súa mamá fixo unha princesa cun vestido super orixinal e bonito. Canto artista hai na clase de 5 anos.
Estas dúas obras de arte xa están no noso recanto da arte.

Rematamos cun recordo especial para os nosos cumpleañeros de maio, dous compañeiros que non están con nós pero que seguimos a telos moi presentes: Dani e Saad, PARABÉNS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!