venres, 30 de xaneiro de 2026

O bosque: Comezamos.

Novo trimestre e novo proxecto! Pero antes de iniciar o proxecto tivemos un tempiño de volta á rutina, repaso e de falar moito das vacación de inverno!
Comezamos falando das súas vacacións e fixeron un debuxiño do que máis desfrutaron.

Por suposto tivemos que facer a gráfica de decembro e comentámola comparando co decembro do curso anterior.


Comezamos a traballar a resta.primeiro de forma manipulativa e logo combinando con papel.


Tivemos moooto xogo!


Repasamos todo o visto no 1º trimestre e avanzamos un pouquiño.

E por fin demos comezo ó novo proxecto do bosque!!!!!!

Tivemos unha sesión de contacontos especial no bosque do cole! Fixémolo cun dos nosos contos favoritos e co que desfrutamos interactuando: "O gato montés".

Preparamos a cartiña na que pedimos a vosa colavoración.




Pronto comezaron a chegar cousiñas!!!

Dana fixo unha maqueta dun bosque con material reutilizado e con elementos da natureza. Explicounos moi ben como o fixo, que animais e plantas fixera: setas, ñarbores, folliñas, raposo, ourizo... Deulle moito traballiño que pero quedoulle xenial!


Hugo fixo un poster de pegadas de animais do bosque; esquío, xabarí, ra, oso, 








Romeo trouxo dous libros. Un libro para investigar e o que lle imos dar moito uso, e un conto que xa contamos xuntos e co que nos achegamos a moitos animais dos bosques!
Alen trouxo un conto que pronto nos vai contar, e un libro do bosque co que xa estivemos xogando ó "vexo vexo" e co que fixemos un percorrido polos meses do ano e as estacións.




Martina leunos un conto das aventuras dun gatiño no bosque e que nos gustou moito. Fíxoo moi ben!



David fixo unha manualidade estupenda do bosque o que cortou e pegou unha chea de elementos do bosque dos que nos foi falando.



Alen tamén fixo unha maqueta dun bosque con cartulina, papel, e fieltro. Traballou moito recortando, pintando e montando. Falounos dos animais e repasamos as estacións inspirándonos na árbore.
Coemzamos a traballar no libro. Aquí podedes ver o debuxo inicial.


Tamén fixemos unha tarefa inicial de investigación na pantalla dixital sobre o bosque aproveitando unha das láminas do libro e as follas que conservamos na aula..


Contamos contiños fixándonos nos elementos do bosque e cousas que imos aprendendo.

Facemos traballiños en papel que complementan o libro centrándonos no entorno inmediato de bosque e aldeas próximas.


Temos cousiñas en marcha que vos iremos mostrando segundo vaiamos avanzando!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!