venres, 30 de xaneiro de 2026

COMEZAMOS PROXECTO O BOSQUE: CATRO ANOS

 


 Comezamos novo proxecto!!

Para enriquecer este proxecto, solicitamos a vosa colaboración achegando materiais relacionados co bosque que poidan servir de apoio ao traballo na aula. Poden ser, por exemplo, follas, froitos, sementes, piñas, anacos de cortiza, fotografías, libros, contos, maquetas ou calquera outro elemento vinculado a este entorno natural.

A vosa colaboración é moi valiosa para nós e contribúe a facer da aprendizaxe unha experiencia máis próxima, significativa e compartida.

Moitas grazas pola vosa implicación que xa comezaron a chegar moitas cousiñas.


Comezamos esta aventura descubrindo a primeira sorpresa do libro
e comezaron a chegar cousiñas como o RAPOSO de LUCAS
e de XIANA B.
O BOSQUE de ICÍA con todos os animaliños
Un conto un bonito sobre CERVOS e o debuxo dunha CURUXA 
“Tamén vivimos unha actividade moi especial no noso bosque máxico xunto cos compis de infantil: un contacontos protagonizado polo gato montés. A través da súa historia, deixámonos levar pola imaxinación, compartimos sorrisos e descubrimos, xuntos, a maxia dos contos e do bosque.




Con esta manualidade de ICÍA traballamos as cores das árbores, descubrindo que non todas son iguais, e tamén os seus tamaños. A través da observación aprendemos a valorar a diversidade do bosque
Non sabemos que se atopa detrás desta mascara de CERVO
Pero ANTÓN trouxo un ourizo feito con pipas e un caracol elaborado con legumes, empregando materiais sinxelos para dar vida aos animais do bosque
VALENTINA trouxo dous contos un para colorear e outro cheo de contiños
Tamén fotos das vacacións de diferentes animais
ICÍA trouxo selo e cos selos das pegadas dos animais pasámolo moi ben xogando a adiviñar a quen pertencía cada unha.

SERGIO e LOLA transformaron un material sinxelo nun fermoso traballo cheo de vida e detalles, están todos os animais do bosque (curuxa, ratón, raposo, ourizo, serpe, raposo, esquio)


XIANA contou un contiño do bosque con sonidos dos animais.
Tamén trouxo unha manualidade dunha casa dun esquio, na que se recollían moitas cousas do bosque da nosa contorna: follas de carballo, fentos, musgo, piñas, enredadeiras e algún froito do que descoñeciamos o nome. Grazas a esta creación, puidemos achegarnos máis á natureza
Ademais das aventuras no bosque, seguimos coa nosa rutina de identificar e repasar números, xogando e aprendendo día a día para fortalecer a atención, a memoria e o coñecemento deles.
despois  recoñecemos os números e os asociamos as cores
Así é como imaxinamos o noso bosque máis cercano
ICÍA trouxo unha guirnalda chea de animais, follas e froitos do bosque
Tamén chegaron a aula xogos novos como este de a asociación da letra coa súa grafía

E estamos creando un libro abecedario do bosque, onde poderemos practicar todas as letras

Xogamos cun memory, un xogo divertido que nos axuda a lembrar e a asociar as imaxes o trouxo MARTIÑO


e ANTÓN fixo dous manualidades unha BOLBORETA que voa e un RAPOSO



Con todas as cousas que temos no recuncho do bosque, xa puidemos abrilo e disfrutar del. Cada elemento do recuncho convidounos a tocar, observar e aprender, facendo do espazo un lugar máxico cheo de descubrimentos e diversión.
                                                        Boa finde!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!