mércores, 28 de xaneiro de 2026

ACTIVIDADES DAS FAMILIAS NA AULA DE CATRO ANOS

 

Veu pasar un ratiño connosco á aula a mamá de Ángela. Primeiro contounos un conto sobre un tigre que non sabía onde vivía. Íanos facendo preguntas e nós respondiámoslle ata que, ao final, o tigre descubriu que vivía na selva.

Aprendemos que o tigre está en perigo de extinción e que significa iso. Tamén falamos de que imos traballar os animais do noso contorno e as plantas que tamén están en perigo.

Despois fixemos unha manualidade coa axuda de Isa: construímos un tigre. Pintamos a cara, as raias e puxémoslle o rabo.

 Gustounos moito facer esta actividade e pasámolo xenial.







                                              ISA  MOITAS GRAZAS POR VIR!!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!