Na clase vermella en xaneiro toca felicitar a Leo López.
Primeiro fixemos un agasallo especial de recordo; decoramos a inicial do nome do cumpleañero coas pegadas dos nosos compis.
Que agasallo máis fermoso fixemos entre tod@s: L de Leo López.
O cumpleañero conta e ensina os compis. Tamén recollemos nunha ficha un debuxo do que máis nos gustou do que trouxo.
O ESPECIAL DE LEO LÓPEZ
Preparando a coroa: coa axuda da profe puxen o nome cos sellos de letras e pegamos 4 estreliñas porque son os aniños que cumplo.
Que chuli a coroa do cumple de XANEIRO!!
DÍA DA FESTA
Entre todos cantamos os parabéns.
Soplou a vela co número 4.
E fixemos 4 voltas ao sol.
Feliz volta ó sol meu peque!. Coa bola do mundo conmemoramos un ano máis de vida, facendo referencia simbólica á volta da terra ao redor do sol.
Rematamos cunha super festa de bailes e cancións.
Un recordo do cumple de xaneiro soplando as catro veliñas. Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!