venres, 16 de xaneiro de 2026

Volvemos con novidades!!Comezamos a traballar as letras dos nosos nomes

  Durante as vacacións descansamos, xogamos pero tamén, tiñamos gana de volver estar cos compis. Xa somos un pouco máis maiores, e comezamos a traballar o proxecto do noso nome, sen esquecernos da estación que estamos e das nosas artistadas.

Voltamos das vacacións e tiñamos un agasallo. Entre todos abrímolo e descubrimos un novo xogo para a clase. 

É de números para ir contando e tamén un memory para descubrir as cartas iguais.
Fixemos un debuxiño do que máis nos gustou das vacacións.
Fixemos o cómputo dos días de decembro con sol, choiva, con nubes...
E o venres 9 comezamos coa asamblea de novo.
Descubrimos o novo mes e tamén a nova estación. Estamos no inverno e fai moito frío, por iso a nosa árbore da asamblea puxemoslle lá para abrigala un pouquiño. Decoramos con copos de neve, porque nestas vacacións tivemos a sorte de ver a neve.


Neste trimestre comezamos a traballar o noso nome, comezamos pola A de Adrián e Abraham. Primeiro imos comezar co nome de Adrián.

Un exemplo dos moitos que vemos con cancións para traballar as letras.

Practicando na pizarra os trazos.
Pegando gomets dentro da A.
Seguimos trazando a vogal A.
Reconocendo e repasando o nome de ADRIÁN.
Cazando as A.
Pintando con amarelo (cor que elixiu Adri) a letra A.
Esta é a A de Adrián!Decoramos a súa A facendolle a súa cara.
Rematamos a semana debuxando a Adri e intentando debuxar as súas letras.
Artistadas do INVERNO.
Coas cores azuis (clara e escura) fixemos líneas verticais nun folio.
Estampando a man de cor negra para facer un pingüín.
Os nenos/as escolleron facer un ou dous, unha vez secos decoramolos con gomets.
Rematamos o venres contando un conto de inverno.
E relaxandonos como se fosemos animais mariños.
A volta das vacacións tamén cambiamos de sitio. Hoxe faltaba Lucía que está ao lado de Dennis e Iago que está ao lado de Uxía.
Á volta das vacacións Dani ensinounos o debuxo que fixo no block da mochila viaxeira. Gustoulle o conto da cabaciña e coa axuda da súa mamá fixo esta artistada.
A seguinte viaxe da mochila é na casa de Leo Lombao.
Ata luns peques! Boa fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!