sábado, 6 de decembro de 2025

MÚSICA REGGAE:CATRO ANOS


 A música reggae é como unha onda suave que vén do mar de Xamaica 🌊🎶. Ten un ritmo tranquilo.

Instrumentos típicos do reggae:

Guitarra: fai plin-plin con ritmos curtiños que marcan o paso da música.

Baixo: é o instrumento que fai vibrar a barriga, con notas longas e profundas.

Batería: leva o ritmo, coma un corazón que late a tempo suave.

Teclado: engade sons luminosos, coma raios de sol entrando pola xanela.

Percusión (tambores, maracas…): pon ese sabor tropical que lembra ás palmeiras e á praia.


O que nos fai sentir

Ademais de traballar o trazo tamén traballamos o recoñecemento da grafía dos números
XIANA F. a partir da lectura do conto da rá de tres ollos trouxo unha feita da casa e estivemos probando como funcionaba, non foi fácil darlle de comer.


ICÍA trouxo uns paxariños moi cantaríns que estivemos escoitando

Esta semana a profesora María explicounos as distintas formas de escoitar música ao longo do tempo, comparando como o facemos hoxe en día e como se facía no pasado.

Antigamente, para escoitar música había que utilizar aparellos físicos. Primeiro empregábanse tocadiscos con discos de vinilo, que xiraban mentres unha agulla lía o son gravado. 

Máis tarde apareceron as cintas de casete, que se escoitaban en radiocasetes ou walkmans, e despois os CDs, que ofrecían unha mellor calidade de son.

Co paso dos anos, a tecnoloxía foi avanzando e chegaron novos dispositivos: os reprodutores MP3, que permitían gardar moitas cancións nun mesmo aparello, e os ordenadores, nos que xa se podían descargar e almacenar arquivos de audio.

Hoxe en día, a maneira máis común de escoitar música é a través de plataformas dixitais como Spotify, YouTube ou Apple Music. Estas aplicacións permiten acceder a millóns de cancións sen necesidade de ter discos nin descargalas. Ademais, podemos escoitar música en teléfonos móbiles, tabletas, auriculares sen fíos ou incluso altofalantes intelixentes.

En resumo, antes a música escoitábase en soportes físicos e necesitaba dispositivos específicos, mentres que agora está dispoñible en formato dixital e podemos acceder a ela en calquera momento e lugar.


Foi unha charla moi interesante onde escoitamos nos distintos aparellos música e vimos as diferenzas de son de uns a outros.

Para rematar a semana do REGGAE fixemos un UKELELE primeiro decoramos coas notas musicais


despois poñer as gomas que non foi unha tarea doada
pero quedaron xeniais, pronto sabredes como soan
Tamén tivemos tempo de xogar 


BOA PONTE!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!