Esta semana andamos a rematar o trimestre e rematamos da mellor maneira o conto do lobo lobito: contándoo.
A expresión oral é un obxectivo que traballamos todos os días: falar, contar, escoitar e transmitir ideas, coñecementos e vivencias. Agardamos que vós guste o noso conto.
Momentos da asamblea desta semana:
Comezamos novo mes, o de decembro. O último deste ano 2025. Por iso fixemos o reconto do tempo de novembro e lemos o que di o libro do mes de decembro.
O martes na asamblea adornamos o árbol da estación con neve, porque esta semana fai moito frío. Acercase o inverno e pode que neva.
O inverno está por chegar: un copo de neve con moito brilli brilli.
Por iso estampamos a nosa man para facer un boneco de neve.
Unha vez que secou, decoramos o seu gorro e a súa cara.
Quedaron uns bonecos de neve super orixinais!
Seguimos a traballar co número 1. Desta vez, coas cores tiñamos que estampalos para localizalos todos.
Bandexa con xogos. Temos que facer coa plasti o que lle falta a cara.
Esta semana Carlota trouxo a mochila viaxeira e ensinounos como o lobo soplando derribou a casiña dos tres cochiños. Axudaronlle os seus papás. Este conto dos tres porquiños está gustando moito.
As travesuras do elfo PEPITO
Apareceu un elfo na nosa clase que solo fai travesuras. O nome foi elexido entre todos na aula.
Esta semana no cole tivemos con nós a Carmen de Imaxinatia, que nos decorou o cole co seu proxecto un nadal con globos. Nós non perdemos a oportunidade para velo e sacar unha foto todos xuntos, que nos dará pé a facer unha actividade a vindeira semana.
Boa ponte para todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!