Escoitamos varias cancións deste estilo, algunhas que se mesturaban con outros estilos musicais. A que máis lles chamou a atención foi a canción de reagge hawaiano de Iz, que versiona a canción de "Somewhere over the rainbow". Plasmaron en papel o que se lles pasaba pola cabeza .
Como sempre achegámonos a algúns dos instrumentos máis frecuentes, xogamos a adiviñalos e observamos os que temos na clase. Logo recollemos en papel como recordo do que imos traballando.
Nesta ocasións fixeron un UKELELE ben chulo!
Seleccionaron 4 gomas de cores diferentes e colocáronas nunha tapa de lata.
O xoves fixemos un percorrido por algúns aparellos e elementos que se empregan para reproducir música. Falamos de cando estaban máis en uso, do funcionamento, dos nomes e por suposto escoitamos música con cada un deles.
Como sempre complementamos con moitas outras tarefiñas e xogos.
Fixemos e comentamos a estadística de Novembro e comparamos coa do curso pasado.
Seguimos practicanto o trazo e a asociación de cantidades e grafías dos números con actividades prácticas, xogos e en papel, ó igual que pasa coa lectura e escritura con mayúsculas, minúsculas, palabras...
Temos máis cousiñas en marcha que temos a medias, pero continuaremos a próxima semana. Tede unha boa ponte!












Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!