Chegamos ao final do trimestre e tamén ao remate do noso Proxecto da Música. Ao longo destas semanas aprendemos moitas cousas novas, descubrimos instrumentos, escoitamos diferentes estilos musicais e coñecemos como cambiou a maneira de escoitar música co paso do tempo.
Para pechar este proxecto con cariño, preparámos as nosas bolsas e tamén as portadas dos traballiños que fomos facendo. Cada neno e nena decorou a súa bolsa, poñendo cor e ilusión.
As portadas quedaron fermosas.
Agora todo o noso traballo está gardado e preparado para levar á casa, para que as familias poidan ver e compartir un pouquiño do que fixemos na aula.
Foi un trimestre cheo de música, aprendizaxe e alegría.
Primeiro fixemos a clave de sol co dedo e despois estampamos notas musicais
Con todo preparado imonos de vacacións, esperamos que vos gusten os nosos traballiños!

BOAS VACACIÓNS!!!!











































Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!