Chegamos a fin do trimestre. Con toda a nosa ilusión preparamos os nosos traballiños para ensinalos na casa.
A última semana do cole, comezámola como sempre; facendo a asamblea.
Debuxiños de nós mesmos que fixemos para decorar as nosas bolsiñas tan coloridas.Artistadas da última semana. Estamos feitos uns renos enredados en luces de nadal. Primeiro pintamos os cornos de cor marrón e despois decoramos con cores variadas ao noso redor, coa axuda dun bastoncillo.
Quedaron moi navideños e super chulis!
Como quitamos todo da clase para levar para a casa, decoramos o noso recanto da arte con debuxiños de nós. Seguimos practicando o esquema corporal.
O debuxo do mes de decembro.
Travesuras de Pepito.
Descolocounos as letras magnéticas, pero mirade se é pillo que buscou todas as iniciais da clase.
Aproveitamos para localizar as nosas.
Seguimos a traballar a motricidade e a prensión. Coas pinzas tiñamos que coller os pompóns e poñelos nunha cinta que sería a nosa arbore de nadal. Rematamos poñendolle as luces, esas coas que xogou o noso Pepito.
Na mesa negra tamén tiñamos números e uns bonecos de nadal. Tiñamoslles que poñer tantos pompóns como número marcaba, asi practicamos o conteo e a identificación co número.
E así como si nada rematamos o noso primeiro trimestre no cole. Traballamos un montón e moi ben.
Os nenos e nenas da clase de vermello marcharon moi contentos para casa, con moitas ganas de ensinarvos todo o que fixeron. Parabéns equipo!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!