Estos días estamos rematando os traballiños deste primeiro trimestre. Rematamos as mochilas que nos quedaban na clase. Grazas a tod@s por participar na actividade.
A mochila de...DANIELA
Vaia proceso nos trouxo Daniela. Para que empregamos a mazorcas do millo?. A Daniela gústanlle moito as palomitas e de onde saen as palomitas?Estas mazorcas que nos trouxo é un proceso que fan na súa casa. 1º recollen as mazorcas, sacan o millo e quedan os corolos. O maíz vai a unha máquina de onde sae a fariña que Daniela lle dá aos seus porquiños e as vacas. Ummm que rico e que ricas tamén as palomitas.
Escribindo e debuxando.
A mochila de...AHMED
Escribindo e debuxando.
Seguimos co conto!
Escribindo e debuxando.
A mochila de...NOA
Noa viña moi, pero moi, cargada. Trouxonos a boneca e a súa filla, o bebé chorón (como choraba pola clase), o osiño que abría ollos e brazos. Dentro da super autocaravana de Barbie viñan bebés, as sillitas, un perrito, un zapato e un unicornio.
A mochila de...AHMED
Ahmed chegou con tres fotos dos seus cans. Coñecimos a Casper porque nos fala moito del e tamén a Duti que xa morreu pero estaba nunha foto con Casper. Unha libreta para facer sumas, restas e multiplicacións (este Ahmed vainos saír un matemático), o xogo dos imáns para facer formas e o xogo da Rá, que é super divertido.
Escribindo e debuxando.
A mochila de...MARTINA
A nosa compañeira trouxo un reno de nadal, un avión cunha boneca, un mono bebé e un pollito que anda. A Martina gústanlle moito os poliños.
Escribindo e debuxando.
A mochila de...LUCAS
Lucas trouxo 3 cabalos porque lle gustan moito. Unha motosierra con unha chave porque lle gusta ir co seu avó cando vai cortar a leña e dous contos dos bolechas de dous autores galegos homenaxeados polas Letras Galegas.
Escribimos e debuxamos o que trouxo o noso compi.
A mochila de...SAMUEL
Samuel trouxonos un conto no que os protagonistas son el e seu irmán Pablo. Un spiderman porque lle encanta, varios cromos e atención que se nos converteu en HULK. Que forza sacou de repente e como se nos puxo de verde.
A mochila de ...ALANA
A mochila de Alana viña cargadiña de xoguetes e muñecos; o polo Pepe, o elefante azul, o unicornio, a boneca, o xogo de pezas, o de lanzar e tamén plasti. Gústalle moito xogar a plasti e na casita tena de moitas cores.
Escribindo e debuxando o que nos trouxo a nosa compi.Tempo para as artistadas cos nosos debuxos.
Seguimos co conto!
Seguimos facendonos maiores. Anxo cauelle un dente, a ver que traerá o ratoncito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!