sábado, 21 de decembro de 2024

Repaso 1º avaliación.

Desexamos que os nenos e nenas de infantil gocen nestas merecidas vacacións e deste tempo maxia. 

Deixamos estes recursos para que poidades repasar cando teñades un cachiño libre: Asembleas con todo o básico e xogos relacionados. 

Recordade que é moi importante insistir sempre en que collan os útiles de escritura correctamente. Resultan útiles para o agarre en pinza:  agarrar elementos pequenos, o uso de pinzas da roupa, xogo con plastilina, etc.


Recursos 4º de infantil (3 anos) 

CLASE DE  VERDE

Só se trata de repasar un pouquiño se tedes tempo.

Poden practicar a escritura do seu nome en maiúsculas (cada un ó seu ritmo: repasandoo, copiandoo ou sós), trazo do 0, 1 e do círculo que foi no que estivemos centrados estre tirmestre,
A asamblea é unha versión reducida da de aula con todo o básico que traballamos e precisan da vosa axuda para realizala (porque aínda están desenvolvendo as habilidades de conteo, recoñecemento de letras, etc. e precisan algo de axuda. 

Recursos 5º de infantil (4 anos) 
CLASE DE AZUL
Recoméndase repasar o dado ata agora, mellor de forma práctica en actividades do día a día. 
En lóxica matemática poden traballar o conteo tocando os obxectos para ver as cantidades en actividades diarias, poden escribir os números como mínimo ata o 4. 
Recoñecer formas na contorna (círculo, cadrado, triangulo e rectángulo).
Recordade que na aula traballamos sobre todo co son das letras, non cos nomes (p.ex.: "MMMM", en lugar de: "eme"). 
Cada un segundo as súas posibilidades poden copiar palabra para lista da compra, agasallos, carteis, postais... outros xa poden participar escribindo . Algúns participan facendo o son de letras nos contos que lles ledes ou mesmo e lendo palabriñas en maiúsculas. Podedes escribir nun papel palabras que sabedes que saen no conto en maiúsculas e cando cheguede a elas que as lean para que participen por exemplo.
Recordade especialmente o trazo correcto das maiúsculas e números. 

Recursos 6º de infantil (5 anos)

CLASE DE VERMELLO


Recomendamos identificar e practicar as letras maiúsculas e as minúsculas que traballamos ata agora: "a,e,i,o,u,m,n,ñ,p,t,l". Recordade tamén contar e asociar as cantidades cos números para poder ir facendo pequenos agrupamentos de números.
"Pensamos coa cabeza" debuxar e intentar escribir o que queremos decir co debuxo, palabras sinxelas. Pero sobre todo, xogade e pasádeo ben estos días de vacacións.




Agardamos que pasades unhas felices vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!