xoves, 19 de decembro de 2024

Coñecendo ós superheroes da escola! Rematando tarefas para levar todo para casa!

Chegamos ó final dunha avaliación repleta de xogos, de traballo, de experiencias, de música, de risas e sobre todo de coñecer máis sobre nós mesmos e sobre os nosos compañeiros e compañeiras. 

Nestes últimos días rematamos o REPASO de contidos desta avaliación.


Preparamos a PORTADA do proxecto decorando con rotus brillantes, acuarelas, algodón e brillantina.

Quedaron unhas portadas xeniais!
Ollando os seus traballiños!


Continuaron decorando as FIESTRAS da clase cos elementos que elixiran: 
Unha CASA nevada.



O APALPADOR.

Quedaron xenia!


Preparamos unha CONTRAPORTADA especial en relación á actividade que estamos a desenvolver para coñecer máis de cada compi de clase, e na que foron traendo cousiñas da casa e falando das familias, mascotas e elementos importantes para eles.
A contraportada é unha versión da ÁRBORE da FAMILIA na que debuxaron á familia que vive con eles, ás mascotas e mesmo algún engadiu un xoguete de apego.


Tamén traballamos e repasamos moito manipulativamente e na pizarra dixital.

E por suposto tivemos tempo para xogar!


Rematamos coas PRESENTACIÓNS dos compis!

DANA mostrou e explicou o seu conto "Diviértete con Sophie!" (que lles encantou porque puideron interatuar), trouxo as súas cores favoritas e explicou que lle gustaba moito debuxar con elas. Tamén se trousxo a Gris, o seu peluche favorito! Gustou todo un montón!
Aquí os debuxiños da experiencia con Dana.


RAYAN mostrou unha foto de nadal que lle sacaron de bebé que lles encantou. Ensinou os seus dinos favoritos, un espinosauro e un t-rex. Cando tivemos o tempo de xogo compartiunos e pasárono pipa! Tamén contamos o seu conto de "Garbancito".

Fixeron uns debuxiños das cousiñas de Rayan.

ALEN A. foi outro dos nenos que fixo a súa presentación nestes días e saíulle moi ben. Compartiu a súa máscara de Hulk, a súa moto vermella e e un tenreiro chiquitín. Contamos ademais o seu conto de "Cars", que tiña partes nas que nos rimos moito facendo que estabamos na carreira!

Os debuxiños moi chulis!

DAVID presentou unha pegatina de árbore de nadal que lle gusta moito e o seu mapache de peluche. Divertímonos buscando o son que fan os mapaches e rimos moito imitándoos! Presentou os seus xoguetes favoritos: un volquete e unha hormigonera amarelas, un cabalo e unha vaca que prestou para xogar cando foron ós recantos.


Os debuxos das cousiñas que trouxo David.

ROMEO comezou contando un dos seus contos favoritos "Voy solo al baño" e fíxoo xenial! Logo vimos un libro de fotos no que puidemos coñecer máis a Romeo na casa: xogando co seu tractor, facendo de pinche de cociña, coñecemos o seu gato, á gatiña e un cadeliño prescioso amigo de Romeo. Trouxo o seu conto de "Cocorico" que vimos e escoitamos o conto cantado. Tamén cantamos a súa canción favorita nos últimos tempos "En la granja de Pepito", que lles encanta! 

Co debuxo das aportacións de Romeo.

Para rematar preparamos as bolsas e os materiais para levar para casa!!!

Fixeron un gran traballo!!!


Moitas grazas a todas as familias por colaborar, que teñades uns felices días vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!