domingo, 8 de decembro de 2024

CONTO BAIXO UNHA SETA


 Esta semana contamos o conto Baixo unha seta.

Despois cada un fixo o seu cogomelo
Para rematar pegaron as fabas e pompóns con brilli brilli

Na mesa xogamos con fabas e arroz a construir o noso cogomelo traballando así a motricidade fina, a clasificación das cores...
Esta semana tamén foron chegando receitas saudables para o proxecto de nutriescolas do centro. 
Estes pequen@s o contaron moi ben aos seus compañeiros.
Grazas por colaborar!
Tamén os debuxos dos contos que máis lle gustaron a LOLA e SERGIO da mochila viaxeira da biblioteca. Disfrutan moito contando aos compeñeir@s as cousas que facedes en familia.
Grazas por colaborar con este proxecto da biblioteca!!

Ademais de traballar tamén temos algo de tempo para xogar...



Xa estamos practicando o noso nome e a grafía do número 1

Xogamos na asamblea a clasificar as cores

A semana pasada con nosos compañeiros/as para conmemorar o 25N, tivemos un contacontos coa profe MARIA de Pepuka, tamén escoitamos a canción

Despois lle dimos cor a Pepuka e falamos do que máis nos gustou do conto

Os encargados destes días


Para conmemorar o día 3 de decembro o Día da Discapacidade as tres aulas de infantil acudimos a biblioteca vimos o corto de Tamara


Despois na aula contamos o conto Por catro esquinitas de nada onde pintamos os circulos e cadrados e para rematar picamos un de cada.

E para rematar a semana tivemos unha visita na aula dun elfo que se chama Traviesín e non para de facer trastadas


BOA PONTE!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!