Rematamos o primeiro trimestre. Estes últimos días de decembro fixemos un montón de actividades.
PORTADA DOS TRABALLIÑOS
Acuarelando a portada: a nube, o sol e a herba.
Dándolle brilli brilli ao arco da vella e as letras con rotus.
BOLSAS
Primeiro cos rotus de brilli brilli puxemos nome e apelidos. Polo outro lado recortamos un antifaz vermello como o noso mandilón.
Picamos no sitio dos ollos.
SUPER HÉROES DE 5 ANOS.
Pegámolos na bolsa e a decorar a nosa cara de super héroes.
Quedaron chulísimas!!Decorando a nosa aula co cor da temporada e facendo grafismos nunhas árbores.
Mércores de biblio, a desfrutar das lecturas durante as vacacións.
Así de cargados imos para ensinarvos todo o que traballamos este trimestre.
En decembro chegou un elfo a nosa clase. Descubrímolo con esta desfeita dos libros. Non sabe que non se poden tirar libros o chan.
Quedamos tod@s abraiados.
Tivemos que buscar un nome e puxémoslle Traviesín, porque é moi travieso. A nota foi clara. Viña facer moitas travesuras a nosa clase.
Menuda desfeita, cadeiras no chan e as acuarelas abertas.
Ai Travesín a que estás armando.Porque nos quitas os casilleiros da estantería?
Este Travesíen está feito un argalleiro.
Pensamos que Traviesín viña facer travesuras pero tamén nos deixou un agasallo. Bolis de cores. Os nenos quedaron moi sorprendidos que tiveran un boli co seu nome. Sabe o nome de tod@s.
Este elfo colleu a ruleta e colocou imaxes, menuda a que armou cos pompóns.
Xa que este Traviesín nos pegou imaxes decidimos xogar con elas e de paso intentamos escribir o que nos ia saíndo entre todos.
Por último raiou na pizarra pero desexounos boas vacacións.
Mañá temos os obradoiros de nadal, despois...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!