Fiando os macarróns con coidado facendo unha serie de cores para que quede máis chula:
Seleccionando a madeira co seu nome para facer a cabeza:
Fixemos animais/plantas con plasti:
Seguimos co traballo no libro, pero dándolle unha voltiña con engadidos nos que traballamos máis sobre as letras, con tarefiñas con tesoiras e outros materiais.
Amosando a súa serpe rematada tras un cacho xogando con elas facéndoas soar!
Tamén comezamos coas investigacións e logo co paso a papel dalgunhas plantas que coñecemos neste tempo.Fixemos animais/plantas con plasti:
Seguimos reciclando, con experiencias con plantas dentro da aula que regamos a diario, observando materiais que chegan doutras clases como un niño de paxaros, observando animais no patio, recurrindo ás plantas da nosa horta que aparecen no libro e nas conversas de clase...
Observando plantas que son protectoras, medicinais e aromáticas como o ROMEU, a MENTA e a LAVANDA entre outras.
Plantamos amorodos na horta do cole que estamos desexando probar!
Comezamos a participar nunha BRIGADA VERDE que emprenderon os propios alumnos e alumnas que a miúdo recollen o lixo que atopan motivados polo proxecto sobre a natureza.
Así, decidimos empezar a facer algo máis dado que vimos máis lixo do habitual. O venres saímos un pequeno grupiño apañar nunha zona do cole reducida e sorprendeunos a cantidade de lixo! Dado o éxito da experiencia, o contentos que rematamos e que máis alumnado quería participar, seguro repetiremos a experiencia.
Os 3 participantes ó rematar a recollida.
Orgullosos cos seus diplomiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!