Esta semana seguimos traballando no proxecto. Rematamos o venres con unha visita especial, a mami de Dani veu contarnos un conto.
Noa trouxo unhas fotos e imaxes dos merlos, merlo femia e merlo macho. Buscamos en que se diferenciaban. O merlo macho é negro e o merlo femia é máis castaño. Ademais de que teñen un pico diferente. Chegamos a conclusión que eran salvaxes porque non era fácil collelos que enseguida escapaban voando.
Lucas co seu cabalo.
Investigando sobre o peixe (Cheese) de Martina. O martes ao volver da ponte observamos que o peixiño morrera. Puxémonos un pouco tristes e comezamos a pensar que lle puido pasar, enfermara, non comera, ou a botella era moi pequena para que poidese vivir.Traballando no libro, inventando símbolos e cores para sinalar unha horta.
Debuxando as fresas que plantamos no horto. Situando a estación e canto sol e auga precisan.
FLORES ROBÓTICAS!!!
O xoves fixemos un experimento. Primeiro decoramos unhas pulseiras de animais. Había abellas, bolboretas e soles que levariamos de recordo.
Despois tiñamos outra pulseira máis grande en forma de flor. Por grupos de mesa démoslle cor e intentamos encender unha luz nesa flor. Precisamos unha luz que tiña dúas patiñas, unha pila e fío de cobre adhesivo. Vimos que as pilas había que colocalas ben para que producisen enerxía e así acender a luz.
Os animais da pulseira de recordo, ian buscar polen á flor e precisa do sol para poder medrar!
Como molou!!!
O venres, Luísa, a mamá de Dani, veu de visita contarnos un conto moi especial. Títulase Quen vén esta noite? . Un conto de ratiños, pero non calquera ratiño senon os ratiños máis famosos: o rato Pérez e o seus fillos.
Descubrimos que cando nos cai un dente, ás veces atopamos moedas, outras xoguetes, libros...iso é porque cada fillo do Rato Pérez ten uns gustos mois persoais e fannos trastadas.
Despois do conto, fixemos unha manualidade. Recortamos pezas para montar un rato moi gracioso.
Recortamos corpo, orellas, peto e debuxamos a cara. A mamá de Dani púxonos uns botóns moi chulis e un dente en cada rato.
Quedaron moi simpáticos. Dani agasallou aos nenos cunha porta de cores para poder deixar os dentiños e así o rato poida recollelos para o seu saco e trocalos por un agasallo.
Moitas grazas Luísa por vir compartir un ratiño con todos nós. Pasámolo xenial e agora xa descubrimos onde van os nosos dentiños cando nos caen.
Dani agasallou unha porta nas clases dos nosos compis de 3 e 5 anos. Tamén deixamos unha na clase por se cae algún dente gardalo mentras non o levamos para a almofada.
Ata luns peques!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!