venres, 17 de maio de 2024

Letras Galegas 2024

Este ano 2024 conmemoramos as Letras Galegas homenaxeando a Luísa Villalta. Ó longo da semana tivemos varias actividades para achegarnos a diversos aspectos propios da cultura tradicional de Galicia.
Tivemos unha charla sobre os traxes tradicionais de Galicia  na biblioteca do centro, e coa explicacións da coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a profe Lucía.

Puideron probar e tocar algúns dos materiais e pezas dos traxes.

Tivemos unha oa mostra de liño, la, zocas e zocos, mantelos, sombreiros e puchos, etc.

Así como os traxes típicos, incluído un traxe tradicional de festa elaborado polo profesorado participante nunha actividade de formacións realizada no centro durante varios meses deste curso onde mezclamos o TÉXTIL e a ELECTRÓNICA inagurando así o "POLO CREATIVO" do centro.


O día 16 tivemos moitas actividades!
Sesión de música tradicional con Lis

Preparación dos MAIOS co alumnado da gardería, infantil e coa axuda dos rapaces e rapazas da ESO.

Actuacións musicais, en relación ás Letras Galegas e á homenaxeada Luisa Villalta, da ESO!
Maiores do centro de día xunto a todo o alumnado desfrutando con Andrea!

Imaxes por clases dalgunhas actividades:

CLASE DE AZUL
Coas flores dos Maios!
Cos debuxiños da charla de traxes tradicioneis!
No mural das Letras Galegas co que colaboramos!
CLASE DE VERMELLO
Coas flores para poñer no maio!



Preparando o mural para a homenaxeada deste ano, decoramos letras e paxariños.

Cando subimos ver o mural falamos un pouquiño da vida de Luisa Villalta e porque celebramos o día das letras galegas.


CLASE DE VERDE
Así deixamos recollido nunha ficha o que aprendemos sobre a exposición dos traxes tradicionais
As flores para poñer no maio, 
e a nosa colaboración para o  mural das letras galegas Luisa Villalta .




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!