Esta semana visitounos a mamá de KATIA, entre as dúas leron o conto do abrazo.
Estiveron todos moi atentos a lectura do conto.
Despois do conto abrazámonos como a tartaruga eo ourizo
KATIA e a súa mamá repartiron os materiais para facer un ourizo Primeiro recortaron o corpo, despois as púas e para finalizar pegaron todo, púas, ollo, nariz e palito coa axuda de ANGELES.e así de bonito nos quedou
MOITAS GRAZAS MAMÁ DE KATIA POR VIR A PASAR CON NÓS UN RATIÑO!!
Para a semana máis...Despois de marchar ANGELES investigamos os OURIZOS, onde viven, que comen, como son...e deixámolo por escrito na ficha.
Esta semana TATA a nosa cuidadora, falounos de que existen fresas con sabor a piña! Pois sí, aquí volas ensinamos. Nos as ulimos, tocamos e despois probamos. A verdade que cando as cortamos ulian moito a piña o sabor menos.
Na aula de catro anos chegou un saltamontes, investigamos nos libros e na PDI e despois o debuxamos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!