Comezamos a semana traballando sobre o proxecto, convertémonos en cadros, recibimos a visita da mamá de Lucas e ata cociñamos.
Os figos de Noa
Investigando sobre os figos.
Un niño con oviños moi pequeniños, de que paxariño seran?
Martín cunha rá.
Hai un son moi característico na primaveira, podemolo oír incluso mentras esperamos o bus que nos trae ao cole. É o cuco. Investigamos sobre el.
Despois recortámolas.
Collemos as diversas verduras que había no recanto da cocinita e mirade que guapos estamos con todas elas a redor da nosa cabeza.
Despois fixemolo sobre o papel.
O mércores veu a mamá de Lucas e trouxonos requesón feito pola avoa Irene. A avoa non puido vir pero Verónica foinos dicindo como fixera.
Parecía iogur pero non era iogur.
Despois de probalo escribimos a receita entre todos.
Verónica, a mamá de Lucas, axudounos.
Moitas grazas por vir con esta actividade tan chuli da avoa Irene. Para ano seguiremos con máis actividades molonas.
Quedaron super coloridas!!!Unha receita do máis sinxela!
O xoves despois de ser cociñeiros e cociñeiras e facer a ensalada vexetal debuxamos os ingredientes que empregamos. Enlace da experiencia: https://amaxiadosaber.blogspot.com/2024/05/experiencia-de-cocina-facemos-unha.html#more
Desta vez non fixemos a ficha do conto, senon que debuxamos e escribimos na pantalla un protagonista do conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!