O xoves 17 de outubro, os papás e a irmá de Héctor viñeron a nosa aula para facer todos xuntos un boneco con goma eva.
A idea xorde un día na casa, porque atoparon unha cenoira con forma de pernas e decidiron facer un boneco con diferentes elementos naturais. Que orixinal😍.
Viñeron presentarnos esta idea tan estupenda que tiveron.
Quedamos moi abraiados con esta artistada de Héctor e a súa familia.
Unha vez presentada dixéronnos que iamos facer algo parecido pero con goma eva. Na casa a familia de Héctor, calcou os brazos, as pernas, a cabeza e a barriga. O noso compi repartiu mentras Paula as separaba.
Puxémonos a recortar.
Montamos o boneco, despois coa axuda dos papás de Héctor e Paula uníronnos as pezas do corpo do boneco.
Repartiron ollos móviles, un pompón para o nariz e un trociño de fío de cores para a boca.
Os nosos convidados observaron moi atentos como os nen@s decoraron ese boneco tan chuli. Porque lles dixeron aos nosos convidados que faltaba o pelo!
Moitísimas grazas Silvia, Óscar e Paula por vir pasar un ratiño con tod@s nós. Este é un ano especial para a nosa clase e queremos aproveitar todos estes momentos que pasamos en infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!