venres, 4 de outubro de 2024

Coñecendo ós superheroes da escola!: Como cambiamos e as emocións!

Nestas dúas semanas continuamos traballando duro e divertíndonos! 
Seguimos co proxectiño, e paralelamente facemos tarefas específicas de lecto e mates como as que podesde ver.
Nesta ocasión como rematamos o mes de SETEMBRO, mostramos unha das rutinas da asamblea. Cada día, o encargado ou encargada realiza unha serie de tarefas coas que repasamos o seu nome, os dos compis, cores, formas, conteo, praxias e o calendario entre outras cousas. O neno ou nena que lle toca observa o tempo e colócao no noso taboleiro do día, logo mete unha boliña na caixa do SOL, NUBE, BONECO DE NEVE ou CHOIVA segundo corresponda. Ó rematar o mes, contamos as boliñas de cada caixa e elaboramos entre todos unha gráfica con gomets segundo o tempo que fixo. Logo todos xuntos analizamos a gráfica decindo se fixo máis días de sol ou de nubes, cantos días choveu, se tivemos que quedar moito a xogar dentro, etc. O mes de setembro xa o temos feito e colgado no corcho.
Ademais das tarefas de lecto dentro do proxecto, estamos a aprender o ABECEDARIO e a facer ben o trazo das maiúsculas que coñecemos no curso pasado e que estamos a retomar este curso.
Cada letra que aprendemos a facer correctamente, ímola pegando nuns carteis de imaxes que temos no frente da clase. Para cada letra comezamos xogando co seu son, buscamos as imaxes correspondentes, colocamos a letra e nomeamos as palabras das imaxes. Logo buscan palabras que se lles ocorran que comecen coa letra que nos toca. Buscamos tamén nos libros e por último vemos un VÍDEO da LETRA que estamos traballando. 
Logo elixen unhas poucas e facemos unha votación para elexir a que máis lles gusta. Elexida unha palabra, practican a letra, escriben a palabra e debúxana con rotus de cores.
Xa levamos bastantes vistas e seguiremos con elas.

Como sabedes, estamos a traballar sobre nós mesmos coñecéndonos cada vez un pouco máis. 
Logo de ver como somos físicamente, de observar e comparar como son os nosos compis, pasamos a ver cómo cambiamos ó longo da semana pasada. Falamos, buscamos e plasmamos en papel. Entre os traballos en papel aquí están facendo unha secuencia.

Isto levounos a un conto de Arianna Papini titulado "Que che gustaría ser?" co que pasamos a falar de que nos gustaría ser de maiores, de profesións, do que nos gustaría facer no futuro.

Aquí os debuxiños deles de maiores.


Logo comezamos a coñecer as nosas emocións a través dun conto moi coñecido e que lles encanta, "Monstro de colores". Deixamos a canción que nos encantou!


Para traballalas dramatizamos as emocións que saen no conto, buscaron exemplos sobre que ocorría cando se sentían dunha ou outra forma, sobre como se sinten as persoaxes dos contos segundo o momento do conto... 


Cada un elixiu unha emoción para dramatizala e sacar unha foto como parte do traballo en papel.

E tamén fixeron unha clasificación de emocións en papel con correspondencia xestual, de monstro e palabra.

Tamén falaron de cousas que lles daban medo e de cómo se tranquilizaban e se lles pasaba.


Aproveitamos o monstro do conto para traballar os números e as cores.
Orgullosos do seu traballo!
Como estivemos falando de emocións que nos fan sentir mal como como o enfado, a trisura e  o medo, falamos de trucos para tranquilizamos e volver a calma. Recordamos algún trucos do ano pasado, como respirar, contar, a técnica do globo, as botellas da calma... e creamos un novo aparello para relaxarnos: os monstros-globo!
Quedaron chulísimos!
Cada un elixiu un globo, logo cun embudo xigante que nos prestaron de cociña botaron fariña pouco a pouco cunha culler.
Logo pintáronlles cariñas, cortaron a la enrrolada para o pelo e listos para apertar cando faga falta!

Remataron esta semana cun debuxo e palabriña alusiva ó que máis lles gustou nestes días!
Pronto moito máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!