venres, 25 de outubro de 2024

Día das bibliotecas!

 Esta semana abriu a biblioteca do cole. Os máis peques do cole fomos o xoves escoitar un conto que leva por título: "¿De dónde vienen las ideas?"

Á volta da ponte de Samaín comezaremos en 4 e 5 anos cos préstamos da biblioteca como o curso pasado. O alumnado de 3 anos será á volta do nadal.

O conto trata duns amigos que se puxeron a debuxar e, de repente, unha nena quedouse en branco. Preguntoulle aos demais de onde viñan as ideas pero ninguén soubo contestarlle. Un dos amigos lévaos ao bosque, e alí atoparán un xenio que lles axudará para que consigan as ideas a través da música, dos bailes, da tranquilidade, etc. e como non, coa axuda dunhas fadas invisibles.
Neste curso escolar o cartaz que acompaña a bibliotecas escolares representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres " Eu tamén navegar..." Quixemos mostrarlles aos máis pequenos do cole que existe a maxia e pode ser de todos igual que decía Penélope na obra de Xohana. De ahí as imaxes do marcapáxinas deste ano.



Clase de VERDE
A clase de verde deulle cor aos  seus marcapáxinas!
A clase de verde cos seus marcapáxinas listos!


Clase de AZUL
A clase de azul cos seus marcapáxinas!
Os debuxos do conto!


Clase de VERMELLO

En 5 anos decoraron os marcapáxinas de cores.


Os debuxoiños do conto.

MAXIA, IMAXINACIÓN E MOITOS LIBROS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!