Esta semana continuamos coñecéndonos e experimentendo coas emocións a través de distintos tipos de arte.
Comezamos a semana co CONTO de OLGA DE DIOS chamado "MONSTRO AZUL". Serviunos para dramatizar distintas emoscións, para pensar en situacións que vivimos no día a día na escola, a ver como as xestionamos e como podemos mellorar.
Buscamos un pouco de información sobre como traballa esta escritora e ilustradora. buscamos debuxos feitos por ela e decoramos uns monstros azuis co tipo de pinturas que emprega a autora do conto e dándolle un toque de purpurina.
Tamén o plasmamos en papel o traballado.Logo pasamos á MÚSICA con BEETHOVEN. Primeiro coñecemos máis sobre este mñusico famoso a través dun vídeo que buscaron na pantalla dixital.
Comentámolo e falamos de como conseguiu facer música fermosa ser famoso pese a ter quedado xordo.
Escoitamos a 9ª Sinfonía que escribiu sen poder escoitar e falamos do que nos facía sentir. Na clase dixeron que lles facía sentir prisa, medo, ganas de dar golpes, nervios... Estiveron dacordo en que non eran emocións positibas pese a que lles gustou a música. Entre todos seleccionaron as cores que asociaban coa música: cores escuras e fortes relacionadas co medo, a angustia e o enfado.
Despois debuxaron mentes escoitaban a música.
Fixáronse unha vez máis nas cores que empregaba nos cadros que atopamos en internet.
Fixámonos no seu cadr máis famoso: O GRITO.
Reproducímolo con outras cores de acuarela e foron elexindo fixándose nas cores claras e escuras.Prepararon xunto cos nenos e nenas de 5 anos un carteliño para un mural para o corredor.
Dramatizaron o cadro e sacamos unhas fotos para compoñer o noso cadro. Quedaron xeniais!!!!
O mural terrorífico e precioso!
Por suposto seguimos combinando actividades de mates e de lecto con trazo correcto de maiúsculas e transcripción de palabras.
cComo sempre, xogamos e cantamos coas sons, pensamos palabras, buscamos no ordenador e nos libros.
Dramatizaron o cadro e sacamos unhas fotos para compoñer o noso cadro. Quedaron xeniais!!!!
O mural terrorífico e precioso!
Por suposto seguimos combinando actividades de mates e de lecto con trazo correcto de maiúsculas e transcripción de palabras.
cComo sempre, xogamos e cantamos coas sons, pensamos palabras, buscamos no ordenador e nos libros.
Esta semana unha das letras que nos tocou foi a letra D. Elixiron a palabra DINOSAURIO e a proveitamos para ler un conto dunha dina moi especial co que traballamos sobre a tristeza, o enfado, a envexa e como xestionamos estas emocións tan difíciles de calmar.
Enfadados como DINA!!!!
Tamén vos queremos ensinar unha parte da nosa asamblea que practicamos a diario. Coa canción "Hola, hola, hola" combinándoa coas praxias dos nenos da clase e con algunhas variacións. Deixámolas aquí por se as queredes empregar!
Continuará!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!