sábado, 23 de novembro de 2024

GRAZAS PIPA!

 Onte visitou a nosa clase Pipa, a mamá de Ahmed!

Xuntos contaronnos un conto: Los pantalones de Luisa. Luisa, a protagonista dende moi nena loitou polo que creía xusto en temas de igualdade entre as persoas. Viviu nunha época onde as mulleres non podían levar falda. 

Ahmed explicou antes e despois do conto de que trataba.
E despois do conto...fixemos CHAPAS.
Pipa e Ahmed repartiron unhas cartolinas en forma de círculo e uns rotus de brilli brilli. Debuxaron e decoraron como quixeron. 
Pipa trouxo uns taladradores de formas (corazón, bolboreta, flores) para engadirlle ao debuxo da chapa. E un a un foron facendo a súa chapa.
Mirade que bonitiñas quedaron. Ahmed tamén fixo a chapa da mami e da profe.
Moitas grazas mamá de Ahmed por vir a nosa aula a pasar un ratiño todos xuntos. Encántanos que nos veñades facer visitas!
Coa nosa chapa!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!