mércores, 27 de novembro de 2024

GRAZAS JANET e DIEGO!

  Hoxe veu de visita a mamá de Alana e tamén nos acompañou seu irmán Diego.

Xuntos contaron o conto da Pelota Roja.
Un conto co que traballamos as frustracións.
O conto de hoxe, fíxonos pensar, se nós algunha vez tiñamos pelotas na nosa barrigola.
A mamá de Alana trouxonos dúas propostas. A 1º decir cando sentiamos que tiñamos unha pelota dentro de nós, e a 2º, como faciamos para que nos desaparecera e se volvera lila como no conto. Todos os nen@s foron decindo que cando se sentían coa pelota era que estaban super enfadados, e que facían para non ter esa sensanción de enfado. O globo estaba super inflado pero conforme os nenos ian contando como se relaxaban o globo fíxose pequeniño, ata que desinchou.
Rematamos esta bonita visita con un pouco de relaxación. Aquí vos deixamos o vídeo por se o queredes facer nas vosas casa. 

Que ben senta unha sesión de relaxación á 1º hora.
Moitas grazas Janet e Diego por vir de visita a nosa aula. Pasámolo moi ben. Volvede cando queirades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!