As cores do noso pelo; naturais e fantasía. Facendo un analise das cores do noso pelo.
Experimentando diferentes cores na nosa cabeza soprando.
Quedaron super coloridas! E si este sería un pelo de fantasía.
As diferentes texturas de pelo.
Liso
Ondulado
Rizo
E dixeron afro.
Fixemos conteo e ese foi o resultado.
A mochila de...MARTÍN- Dúas vacas.
- Un cadelo que se chama Dana.
- Un león que é a filla de Simba e que se chama Kiara.
Escribimos e debuxamos os diferentes animais.
A mochila de...HÉCTOR
Descubrimos que o que máis máis lle gusta a Héctor son os dinosaurios, ata repasamos cousiñas do que aprendimos en 3 aniños. Trouxo:
- 2 T-Rex (son diferentes).
- Un libro de pegatinas que aínda non rematou de pegar, ten que seguir na súa casiña.
- Un conto de diferentes dinosaurios con sonidos.
Escribimos e debuxamos todo o relacionado cos dinos.
A mochila de...ARON
Aron gustalle moito os contos. Contou o do páxaro Paco e a profe contou o conto de Cocorico. Como nos gusta o conto deste pitiño a tod@s. Ademais trouxo:
- Fotos da súa super granxa que ten montada na casa.
- Un cabalo desa granxa.
E unha góndola co trailer para transportar.
Escribimos e debuxamos o que trouxo o noso compi.
Rutinas: seguimos descubrindo letras e pouco a pouco imos metendoas nas nosas rutinas. Escribindo a estación na asamblea.
Esta semana foi intensa porque traballamos o 20 N (día dos dereitos da infancia) e o 25 N (día contra a violencia de xénero). Veredes a nosa aportación nas seguintes publicacións. Ata luns peques! Recordade que teremos festiña dos cumples de novembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!