sábado, 2 de decembro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA A MAMÁ DE HUGO

 

Esta semana veu a contarnos un conto a mamá de HUGO

Primeiro contaron o conto xuntos, INMA contaba o conto e Hugo amosaba as páxinas fixo moi ben!


Despois fixemos a Nemo, primeiro coloreamos, despois recortamos e finalmente pegamos, todo coa axuda de INMA
que ben nos quedaron os NEMOS

GRACIAS INMA POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NÓS!!!!

Seguindo coas nosas investigacións no mar tamén temos aves, no conto de Nemo aparecía un pelícano no conto de CLAUDIA aparecian GAIVOTAS e outros páxaros que se alimentan de peixes

Fixemos grafismos






e tamén contamos paxariños




SAMUEL trouxo moitos libros para as nosas investigacións pero o que máis lle gustou foi o da manta raia

SAMUEL C. contounos o conto dunha bolsa chamada Lola que viaxou polo mar primeiro entre as medusas, despois comeuna unha balea, despois unha taratruga votouna fora do mar...ata que finalmente acabou reciclada e convertida nunha cometa.
Encantounos Samuel o ven que nolo contaches!!!

Esta semana rematamos o conto do peixe arco da vella e así de ben o debuxamos.
e comezamos a facer un libro onde vamos a recoller todo o que aprendimos das:  MEDUSAS






Tamén na clase de PLÁSTICA fixeron uns peixes con follas recollidas na salida
e para a semana que vén seguiremos anotando todo o que aprendemos. BOA FINDE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!