venres, 1 de decembro de 2023

Descubrimos a MARUXAINA

 Comezamos a semana recibindo contiños e manualidades. Descubrimos unha lenda moi chula, que a temos moi cerquiña a nós. A Maruxaina de San Ciprián.

Paula e Patricia trouxeron un contiño que contaremos nuns días.


Fixeron estas manualidades cos seus papás. Pintaron moitos peixes, recortaronos e pegaronos neste folio azul como se estiveran no océano. Moi ben.
Contamos o conto de Lucas. Na ficha do conto debuxamos un cangrexo.
Luca trouxonos outro contiño que contaremos nuns días.
O conto de Thiago fálanos de compartir. Fixemos un pequeno debate despois do conto e debuxamos o protagonista: un oso.
Pablo contounos o seu conto de animais salvaxes. O conto tiña os sonidos dos animais, que divertido escoitalos. Debuxamos unha morsa na ficha do conto.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

Traballando sobre o papel, desta vez a profe mandounos debuxar un peixe como o que tiñamos ao outro lado da imaxe. Que complicado, ata contamos cadriños. 
Mirade que ben nos saíu. Que coloridos, como o arco da vella.

No mar hai peixiños e no ceo? Temos gaivotas e tamén moitos paxariños. Facendo diferentes trazos nun paxariño.
A tortuga: buscando información e tartarugas no recanto:
Que chulas as nosas tartarugas!
Profundizamos

Facendo unha manualidade. Coloreando e recortando a tartaruga.
Collemos os tapóns das botellas e colocámolos de caparazón. Puxemos uns ollos de pegatinas e fixemos a boca con brilli brilli.

Que ben quedaron!!
As nosas tartarugas.
Que é un NARVAL? o Narval é un unicornio marino. Co conto de Noa descubrímolo. 

Profundizando:


Con este conto non fixemos ficha, senon unha manualidade. Picamos o colmillo e decorámolo con brilli brilli.
Buscamos se tiñamos algún pola clase.
Mirade que chulis estamos sendo narvales.



Que é unha lenda? Quen é a Maruxaina?
As lendas son historias fantásticas que se contan oralmente. 
A profe Lucía chegou á nosa aula para contarnos unha lenda moi interesante que descoñeciamos. A lenda da MARUXAINA.  Déixovos un enlace dos Lunnis que explica o que nos contou a profe:

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-maruxaina/4348342/

Tamén nos ensinou onde se atopa San Ciprián, que tamén o coñecemos como a Península da Paz, percorrremos algunha rúa co google maps e ensinounos sitios moi chulis deste concello da Mariña Lucence. Ensinounos os farillóns, alí agochabase a Maruxaina para protexer aos barcos. Profe, moitas grazas por ensinarnos esta lenda tan fantástica.
Trouxonos este corno co que sopramos moi forte para ver se nos escoitaba a Maruxaina.
E puxémolo ao oído e escoitabamos a nosa fala a través dela.
Debuxando a Maruxaina!


Rematamos BAILANDOOO, vendo un vídeo da festa da Maruxaina.


Despois da visita da profe Lucía falamos dos faros. Debuxamos o de San Ciprián e tamén nos debuxamos nós de fareiros ou fareiras. Os fareiros son aquelas persoas que viven nos faros, hai moi poucos faros en España que vivan neles. En San Ciprián vive unha fareira.
Pintamos un faro e fixemos luz mezclando as cores amarelas e laranxas. Os nosos faros dan moita luz.
Final do conto, pero aínda nos queda o noso final.
Esta semana despedímonos mandando unha aperta moi forte e que se recuperen pronto os nosos compis que están maliños, que os botamos moito de menos. Ata luns peques!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!