venres, 15 de decembro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA A MAMÁ E O PAPÁ DE MÍA

 

Esta semana veu de visita a mamá e o papá de MÍA





Primeiro contaron o conto os tres xuntos


Todos estivemos moi atent@s a todo o que lle acontecía a Daniela pirata
a todos os retos que tivo que facer e como finalmente conseguiu quedarse co barco pirata
Despois PACO e ROCÍO  axudaronos a facer o noso propio barco pirata: primeiro puxémoslle o nome, pintamos a vela, debuxamos os capitáns e capitanas, en segundo lugar recortamos todas as pezas e finalmente montamos todo no palito.
Quedou espectacular!!!!
MOITAS GRAZAS POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NÓS!!!

Con esta actividade, máis co libro de CLAUDIA dímonos conta que hay moitos tipos de barcos

aquí traballamos algún deles


Estes últimos días antes de pechar o proxecto estamos a deixar por escrito todo o que aprendemos do:

DELFÍN

PEZ PAIASO
MEDUSAS

PULPO

CANGREXO
NARVAL
 e os días chegan a pouco porque cada día aparecen máis cousas do fondo do mar que queren recoller por escrito, ainda nos queda algún día...
BOA FINDE DE SEMANA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!