venres, 17 de novembro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA O PAPÁ DE DARIO

 

Esta semana veu de visita o papá de Dario, xuntos contaron o conto "UN DÍA EN EL OCEÁNO" 







Primeiro xuntos contaron o conto

O delfín perdera a súa mamá e os animais do océano axudaron a atopalo.

Logo DARIO amosounos as páxinas do conto e falamos de todos os animais que ian aparecendo



Como actividade fixemos unha tartaruga que primeiro a pintamos


logo recortamos


decoramos o seu caparazón (tapóns de leite reciclados) con brillantes


e así de bonitas quedaron


Foi xenial facer a actividade co papá de DARIO, volve cando queiras!!


Ademais do conto tamén deixaron no noso recuncho un libro onde se pode ver como é o golfiño por dentro.


Esta semana seguimos traballando co conto do peixe arco da vella cando o peixiño azul lle volve a pedir unha escama moi moi pequeniña brillante e finalmente dalle unha pero lle di que non lle pida máis.

e tamén usamos as acuarelas co peixiño azul e o arco da vella

Tamén buscamos os peixiños azuis iguais e completamos o puzzle do peixe arco da vella

CLAUDIA trouxo un conto moi interesante onde abriunos varios campos de investigación, os barcos que tamén están nos oceanos, 

as aves 

e as lendas do mar,

e aproveitando que tiñamos a LUCÍA na aula contounos unha de Galicia que coñece moi ben a da MARUXAINA.

Primeiro contoulles a historia e despois ensinoulla na pantalla



Tamén escoitamos algunha canción

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/videoclip-maruxaina/4348342/

e despois pasamos ao papel todo o aprendido


A páxina que máis lle gustou a CLAUDIA do seu conto os corais

e para rematar a semana fixemos un experimento


Boa fin de semana!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!