sábado, 25 de novembro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA A MAMÁ DE LUCAS


 Esta semana veu de visita a mamá de LUCAS a contarnos o conto DON CABALLITO DE MAR.

Primeiro contaron xuntos o conto



Estivemos moi atentos porque o cabaliño de mar e un animal que nos gusta moito. A LUCAS a páxina  que máis lle gustou do conto e cando da bolsa da barriga do seu papá nacen os cabaliños de mar.

Despoís a mamá de LUCAS trouxo para facer uns cabaliños de mar onde primeiro tivemos que sacar as pezas, despoís ordenalas por tamaños, logo as metimos por orden nun limpapipas, para facer a cabeza tivemos que meter un lazo e pegamoslle a cresta e para rematar LUCAS repartiu a cada neno/a un olliño e cabaliños de mar rematados!!!!





MOITAS GRAZAS ANA POR VIR A PASAR UN RATIÑO CON NOS!!!!

Na merenda aproveitamos para seguir aprendendo cousas dos cabaliños de mar

Esta semana ademais a profe LUCIA trouxo unha caracola de mar como a que usaba a MARUXAINA para comunicarse, escoitamos o que se oia e intentamos facer que sonara



Aproveitamos tamén para investigar as conchas dos MOLUSCOS que temos na clase algunhas eran máis coñecidas (mexillón, almexas...) outra menos (caracois, cangrexos ermitaños, caramuxos...) finalmente elixiron a que máis lles gustaba e a debuxaron.

Bo fin de semana!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!