venres, 10 de novembro de 2023

ESTA SEMANA VEU DE VISITA A MAMÁ DE ANA E MARA

 

Esta semana veu de visita a mamá de ANA e MARA.

Primeiro contaron o conto "BAJO EL MAR", 


despois falamos dos animais do fondo do mar que aparecian no conto 

e eleximos un  para facer unha manualidade unha MANTA RAIA coa axuda de ANA

Primeiro ANA pegoulles a cola e despois a pintaron, finalmente pegaron os ollos e a deixamos secar

Así de ben quedaron

MOITAS GRAZAS POR VIR A NOSA AULA A PASAR UN RATIÑO CON NOS!!!

SAMUEL D. trouxo un PUZLE de cen pezas, necesitamos a axuda de todos para facelo, pero o final conseguímolo!!

Ademais tiña unha sorpresa, cando apagamos as luces brillaba na oscuridade, encantounos.
Traballando co conto do peixe arco da vella chegamos a unha cova e nela vianse dous ollos brillantes de quen serán?
Do POLBO que lle dixo que lle derá unha escama brillante aos peixes que sería máis feliz

o peixe azul volveulle pedir unha escama brillante ainda que seña pequeniña
LEO trouxo outra manualidade para o recuncho
CARLA trouxo un conto de patrulla canina onde onde temos que buscar as cousas do mar

SAMUEL trouxo unha PELI!!!
LUCAS trouxo un conto do fondo do mar e siguenlle a gustar moito os tesouros
Tamén esta semana fixemos grafismos nun cogomelo de outono

Cando xogamos tamén seguimos traballando o proxecto, mirade que cousa máis creativas 

Tamén nos oceanos atopanse barcos, e esta semana fixemos unha actividade de reciclaxe  con tapóns de botellas de auga para crear os nosos barcos, primeiro decoramos a vela con rotulador, despois recortamos e picamos as partes do barco e finalmente puxemos a bandeira.


unha vez feitos tiñamos que comprobar que navegaban, así que cada un soplou o seu barco polo cachiño de oceano que tiñamos na clase
e así soplamos os nosos barquiños!!!


A semana pasada tivemos a visita de Maximus, a mascota do Breogán, que nos trouxo un contedor de reciclaxe de escritura; podemos meter bolis, rotus, fluorescentes, etc. Deixovos o enlace do blog da biblio onde temos a visita que nos pasou a saudar e bailar con nós.


Dende a casa podedes mandar nas bolsas deste material para encher o contenedor de reciclaxe.

BOA FIN DE SEMANA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!