venres, 16 de decembro de 2022

O resto dos ingredientes: LUGARES, PROBLEMA E SOLUCIÓN.

 

Estas dúas semanas andamos rematando o proxecto dos creadores.

Samuel tamén ten a súa marioneta.
Fixemos a marioneta dun elefante para despois montar un contiño cos nosos personaxes.

Seguimos profundizando nos INGREDIENTES DOS CONTOS.
QUE SON OS LUGARES? Paisaxes por onde transcorre a historia. Cando traballamos sobre o papel vimos os contos que mordera ÑAC-ÑAC.

Nos nosos contos, atopamos lugares como: bosques, selvas, casas, xardíns, o espacio... 
Mirade que chulos nos quedaron os lugares nos que nós quixemos aparecer.
Creando un lugar para o noso conto final. Separamos o ceo da terra. Pintamos con esponxa e pincel.
Debuxamos uns árbores en forma de triángulo que estampamos e despois co noso dedo fixemos o tronco.

PROBLEMA. Nas historias sempre hai un problema ao que lle temos que dar unha solución. O problema do noso ÑAC-ÑAC é que lle gusta morder as páxinas dos libros para meterse nas súas historias. 
SOLUCIÓN: méteno nunha caixa pero ÑAC-ÑAC mórdea e volve saír para seguir roendo os libriños. Este ÑAC-ÑAC é moi trampulleiro, jajaja. Pintamos o noso protagonista da historia de amarelo e puxemos uns palillos como se estivera encerrado nunha caixa. E tivemos que facerlle unha porta porque ao final do conto sae...ao mellor para meterse nos contos da nosa casiña. Tede coidado!!!!!
Última marioneta, fixemos unha vaca. Estas marionetas escollémolas para facer o noso propio conto. Son escollidas a partir dos contos que chegaron á aula.
Seguimos CONTANDO contiños
MARTÍN: trouxonos un conto dunha gatiña que se chamaba Lúa, gustaballe viaxar nos seus soños e ter moitas amigas para xogar. A súa avoa non lle deixaba saír da casa polos perigos que había fóra. Un día no parque, escapou e a súa avoa estaba moi preocupada. Cando atopou a Lúa díxolle que quería coñecer o mundo e non estar encerrada na casa, que había perigos pero que ela ia saber como resolvelos como cando lle escapou o canciño. Encantounos o conto Martín.
Que chulos nos quedaron as LÚAS que debuxamos todos! Xenial peques.
MARTINA: trouxonos un libro no que nos falaba do que facía Paco ao longo dun día co seu amigo. Ata nos trouxo o boneco Paco. Gustounos moito.
Debuxos do paxaro máis molón! Super chulis peques!

LUCAS: trouxonos un conto de animais e que podiamos xirar e cambiaba de animal.
Debuxos de diferentes animais do conto. Super ben peques.
LUCA trouxonos un extraño  boneco que nos contou un conto. Luca tivo que peinalo e empezou a contarnos o conto dos 3 porquiños. Quedamos todos abraiados. Nos tamén soplamos moito como o lobo para derribar as casiñas dos porquiños.

Esta semana foi de sorpresas porque AHMED e a súa MAMÁ contáronnos un conto que gravaron na súa casiña e vímolo na pantalla da nosa clase. A galiña Clementina. Fixéstelo super ben, encantounos o ben que nos contastes este conto tan diver.
Agora que estamos a piques de rematar este proxecto agradezemos un montón todas as aportacións que nos fixestes chegar. MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!!

SONRISA de VENRES!!! A descansar moito para rematar a última semana do cole deste ano peques.
Ata luns.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!