mércores, 21 de decembro de 2022

CHEGOU O FINAL O TRIMESTRE

E con todo isto xa rematamos o trimestre!!!!


Esta sema HUGO contounos o seu conto dos "Bolechas van pola rúa"
A páxina do conto que mais lle gustou


Para contar os contos de ANA e MARA tivemos unha visita moi especial a súa MAMÁ

Recollemos os datos do conto e debuxamos o patiño feo e fixemos a súa marioneta

Moitas grazas por visitarnos!!!

LUCAS contaranos o conto de GORILÓN a volta das vacacións!


Ao longo do trimestre os nenos/as convertíronse en grande contadores de contos, todos/as o fixeron xenial e disfrutamos moito coa actividade vendo aos nosos compañeiros/as facendo a maxia dos contacontos.

A portada dos contos que foron contando todos os nosos compañeiros/as

Rematamos de escribir e ilustrar o noso conto
E tamén rematamos os escenarios onde os neno/as podrán xogar coas marionetas dos contos (no bosque, no fondo do mar e no castelo)

Ademaís tamén fixemos repaso de letras e números e así é a portada dos nosos traballiños

 Tamén estes días traballamos na portada do proxecto dos creadores, primeiro pintamos as letras
Despois con pincel decoramos os bordes

e finalmente enchemos de letras como os contos cuns rotuladores máxicos

Tamén fixemos unha maleta onde recolleremos todos os traballinos do trimestre, primeiro decoramos as letras

Despoís picamos os buratiños para agarrala, e onde imos a meter as fichas
Todos xuntos puxemos as letras de "A MALETA DOS CREADORES"


e ORGULLOSOS/AS do redultado final!!!



así a enchimos coas nosas cousiñas (marionetas de dedo, de mano, a varita máxica de contar os contos, os escenarios para inventar historias, o contos que nos creamos e todos os traballiños deste trimestre)


e para rematar dos contacontos improvisados de KATIA co conto de PINOCHO e LUCAS B un conto de animais do mar, como lles gusta contar contiños, e a nos escoitalos



QUE DISFRUTEDES MOITO DA VOSA MALETA E BOAS VACACIÓNS!!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!