venres, 23 de decembro de 2022

NADAL E ACTIVIDADES ESPECIAIS ANTES DAS VACACIÓNS!

 Rematando o trimestre tivemos unha actividade especial

organizada pola ANPA do cole: unha obra de teatro!

Tamén comezamos a decorar con motivos de Nadal con materiais de refugallo e plásticos variados. Son moi creativos e traballaron moito para poñer fermoso o cole!


A continuación, deixamos imaxes dalgunhas das actividades relacionadas coas vindeiras vacacións por clases e o vídeo resumo do último día de clase con moitas actividades especiais!

CLASE DE VERMELLO

Calcando as mans para facer unha árbore cos nosos compis de infantil.

Pintando luces de moitos colorines na porta do patio.


Adorniños de nadal. Primeiro decoramos a botella con rotus moi brillantes e colocamos tapóns, quedouvos chulísimo. 


Pegando boliñas de papel nunha árbore de nadal que fixeron coa profe Cova. Cantas boliñas pegastes peques!!!Moi ben.

CLASE DE VERDE









CLASE DE AZUL

Decorando a fiestra da entrada.


Facendo adornos con material de refugallo.




Decorando a nosa fiestra con motivos invernais.


Aquí tedes o vídeo resumo das actividades do último día. Recomendamos seleccionar maior calidade de reprodución na rodiña de axustes.


Desexamos que teñades unhas felices vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!