mércores, 15 de xuño de 2022

XUÑO E VERÁN DE CUMPLES: PARABÉNS SOFÍA, CARMELA, ALEJANDRO E LARA!!

O cole está a puntiño de rematar e por iso neste mes celebramos o cumple de Sofía e tamén os do verán.
MOMENTOS PREVIOS O DÍA DA CELEBRACIÓN 

1º Entre todos preguntámoslle a Sofía, Carmela, Lara e Alejandro cantos anos cumplían. 

2º Mediante unha super ficha de cumple,  intentamos colocar as velas na súa super tarta. 

A de Sofía é de chocolate.
Carmela de moitos sabores.
Alejandro de moitos sabores.
A tarta preferida de Lara é a que lle fai a súa tía Marta de gominolas.

Como xa sabedes a tarta tiña un pouco de trampa, porque faltaban velas. Entre todos tivemos que contar que so tivera 6 velas, sen despistarnos de non poñer ningunha máis. Cada neno decorou a tarta dos cumpleañeros.

3º Na ficha escribímoslle os seus nomes nas coroas e volvemos a escribir o número 6. Tamén escribimos a data do seu cumple, porque os do verán aínda non pasou o seu día.


DECORACIÓN COROA

Cada neno/a ten a foto da súa cara, debe recortala, pegala nun folio de cor e facerlle o corpo, sen esquecernos de ningunha parte do noso corpo.

SOFÍA
PREPARANDO A COROA


CARMELA
PREPARANDO A COROA

ALEJANDRO
PREPARANDO A COROA

LARA
PREPARANDO A COROA

Cos sellos de letras, os cumpleañeros puxeron o seu nome para personalizar a súa super coroa.
SOFÍA
CARMELA
ALEJANDRO
LARA

CELEBRACIÓN
Comezamos con unha canción para poñer moita festa a este día. Parabéns de Uxía a Lambona e a Banda Molona.

E A SOPLAR!!!!!!!!

Para que nos quede un recordo bonito deste día de cumpleaños fixemos unhas super fotos no photocall dos cumples. Verdade que saimos todos guapísimos e guapísimas?? 




Finalmente chegou a hora da festa e do baile.


Foi un día super especial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!