venres, 3 de xuño de 2022

MAQUETAS DA PRIMAVERA

Esta semana seguimos traballando coa primavera.
OBSERVACIÓN DO EXPERIMENTO DA SEMANA ANTERIOR: 
Día 5: o luns cando chegamos ao cole observamos como seguía o noso experimento. A cala e o rododrendo non se teñiron.

Sobre o papel traballamos nunha poesía da primavera (xogando a cazar palabras).
Debuxos da poesía (flores).
MAQUETA DA PRIMAVERA
Pintando a base. Diferenciamos entre un campo e un pequeno río.
Pintando flor de huevera de cores para poñer sobre o campo.
Unha vez que montamos as flores na maqueta, pintamos margaritas ao redor do noso campo. Tamén deixamos a huella na auga para debuxar peixiños.
Debuxando os peixiños que debuxamos coa nosa huella do dedo.
Resultado desta artistada tan chula!! Quedaron super ben equipo!! Mirade que relaxados estamos no noso campo rodeados de moita natureza.




Rematamos a semana converténdonos en doutores con maletín!! Un maletín cargadiño de moitas cousas que vimos ao longo do proxecto.
Bo fin de semana equipo. Ata luns!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!