mércores, 22 de xuño de 2022

Fin de curso!!!

Os últimos días foron xeniais e desexamos que teñades un verán estupendo, no que descansedes moito e repoñades forzas para o próximo curso.

 Os ata agora peques de infantil (4ºEI) xa non o son tanto e terán por diante un curso no que seguro desfrutarán e aprenderán moito cos compis que xa son amigos e amigas.

O alumnado de 5º de infantil xa vai rodado quentando motores para clase dos maiores e cuns amiguiños e amiguiñas que o serán seguro por moitos anos.

Os nenos e nenas de 6º de infantil rematan unha etapa que foi moi especial, e o equipo de infantil deséxavos o mellor na nova etapa de primaria!

Só nos queda despedirnos ata o próximo curso e deixamos un vídeo de fotos dalgunhas actividades de onte e hoxe. Unha pena non poder facer a saída, pero retomarémola cando sexa posible😉

Grazas a todos e todas por este curso e tede un bo verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!