Unha das cousas que fixemos foi achegarnos ó Apalpador.
Este home da montaña galega baixa cada Nadal ás casa dos máis pequenos para deixar unhas castañas ou algún agasallo de madeira para os nenos e nenas que comeron ben e están ben durmidiños.
Visitamos a biblioteca do cole onde contamos un conto do Apalpador moi chulo e bailamos unha das súas cancións.
Nas clases vimos uns vídeos para coñecelo máis e bailamos as súas cancións. Deixamos algún por se o queredes desfrutar na casa.
Na clase de 4º de infantil preparamos adornos do apalpador para as árbores que dixeron xa tiñan preparadas.
Preparamos tamén unhas estreliñas para a árbore que quedaron moi chulas!
Aquí podedes ver como quedou todo xunto.
Coa profe María Nuñez, que nos da plástica en inglés, os nenos e nenas de 4º d infantil prepararon uns renos preciosos para adornar as nosas casas.
Os nenos/as de catro anos fixeron tamén uns adorniños para as árbores
Tamén fixeron os seus apalpadores para levar para a casiña
Os alumnos/as de cinco anos fixeron un abeto colaborativo entre todos, primeiro cada un coloreu unha parte, e despois fixemos o puzzle entre todos!
Tamén na Biblioteca escoitaron o conto e traballaron alí no seu apalpador.
Por último, queremos compartir con vós o noso último día de clase cunha visita moi especial e entre amigos!
Desexamos que teñades un Nadal estupendo cheo de emocións e ledicia, que desfrutedes un montón deste tempo coa familia e descansedes para vir con enerxías para o novo trimestre e todas as experiencias e aventuras que nos agardan á volta!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!