O 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Nas aulas de infantil empregamos varios cortos relacionados con esta conmemoración. Entre eles está un corto moi fermoso titulado "Partly Cloudy", que se empregou na clase de 4º de infantil. E que vos deixamos a continuación.
Na clase de 4º de infantil tamén contamos e traballamos sobre o conto "Por cuatro esquinitas de nada" que contamos na mesa de luz.
Aquí vos deixamos un vídeo deste conto.
En 5º e 6º de infantil viron a curta de "PIP: UNIVERSIDAD CANINA", Pip é un cachorrito que vai entusiasmado a unha universidad canina, quere aprender, pero non dá a talla para poder entrar.
A curta atópase na entrada do blog da biblioteca no seguinte enlace:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos aquí os teus comentarios!