luns, 21 de decembro de 2020

Despedida de Alain!

Alain déixanos para facer amigos nun novo cole e quixemos despedirnos dándolle un regaliño especial

para que se acorde de nós! Entre todos e todas fixemos un libriño de debuxos con todo o noso amor e quedaron uns debuxos moi fermosos!

 Ademais Alain tamén tivemos a sorte de que nos fixera un debuxo para a clase e encantounos! Xa o temos colgado!

Sacamos unhas fotos no noso mural "Ata que poidamos abrazarnos" para que recorde que pese a que non poidamos abrazarnos, debe recordar que nos queremos moito!!!

Así, que desexámoslle moita sorte no novo cole e mandámoslle todo o noso cariño! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos aquí os teus comentarios!